send link to app

Cabanizate app for iPhone and iPad


4.0 ( 0 ratings )
Productivity Lifestyle
Developer: e-Tecnia Geosistemas e Ingenieria S.L.
Free
Current version: 1.0, last update: 7 years ago
First release : 29 Feb 2016
App size: 0 Bytes

A aposta pola eficiencia orzamentaria, e a transparencia na xestión, está na axenda de tódalas corporacións municipais. Neste caso, é o concello de Cabana de Bergantiños quen presenta a plataforma “cabanízate” destinada á xestión integral das incidencias municipais.
Cabana de Bergantiños dispón dunha base de datos única sobre a que xestionar tódalas incidencias detectadas tanto pola propia corporación como polos cidadáns. Non só serán arquivados os avisos que sexan notificados por teléfono ou de forma presencial senón dende esta App que permite o envío automatizado incluíndo a tipoloxía da incidencia, fotografías, posición GPS…

“cabanízate” permite rexistrar/almacenar os datos do aviso para que sexan enviados de forma conxunta en tódalas ocasións facilitando o envío con escasos “clicks”.

Cabana de Bergantiños aposta non só por unha mellor xestión orzamentaria na priorización das incidencias, senón que busca un aumento da produtividade e unha maior transparencia na xestión municipal.